sábado, 17 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras: 17 de novembro.

Espéranos Córdoba, polo tanto volta a ter que levantarnos cedo, ás 8:00 h.. Coma todos os días a mesma cantinela, xa botamos enfalta a mámá! Facer a cama, aseo, prepararación de mochila, almorzo, recollida de pic-nic e á ruta con Lucas que así se chama o chófer. Tardamos en chegar un chisco máis dunha hora. Cruzamos o Río Guadalquivir, por suposto pola ponte, e chegamos á Mezquita. Aínda hai pouca actividade, non vemos a ninguén ofrecéndonos o romero, pero perderán o tempo pois xa estamos avisados dos mestres, de que é unha trampa para sacarnos 15€. Disque che ofrecen o romero gratuito e logo queren cobrarche os 15€ por lerche a man. Os monitores ensínannos a Mezquita, percorréndoa polas tres ampliacións que sufriu desde que Abderramán I a mandou levantar. Cada Califa que chegaba quería deixar a súa pegada (Abderramán II, Abderramán III e Almanzor). É algo extraordinario que nos abraiou a todos. Despois de alí ao Alcázar de los Reyes Cristianos donde visitamos o patio dos baños árabes e logo demos un paseo polos xardíns donde se ergue un monolito no que están os Reis Católicos recibindo a Cristóbal Colón que acudira para solicitar fondos para continuar coas súas viaxes ao continente que el mesmo descubrira en 1942. Logo dirixímonos á Sinagoga que está moi preto do Barrio de Judería. Aquí o que máis nos "molou" foi descubrir que non hai moitos anos funionaba como escola infantil. Rúas moi estreitas, estreitísimas; tanto que tiñamos que ir en ringleira. E agora, o que todos estambos esperando, o anaco das compras. Anaco que levabamos esperando desde o primeiro día, pero que o apretado do programa non nos permitiu. Nada máis que no Barrio de la Judería (dálle o video). Comemos e máis tarde visitamos Medinat Al-zahara, a cidade dos Califas que estaba situada nas aforas de Córdoba.

Regreso á residencia, ducha e preparación da maleta para logo ir cear. A continuación, cada un dos colexios fixo a presentación da  súa comunidade e procedeuse ao intercambio de agasallos. Foi moi divertido e emotivo, pois xa nos estabamos despedindo, tal vez para non vernos nunca máis. Xogo libre na sala de xogo ata as doce da noite e a durmir que mañá, ás 9:30 h iniciaremos o camiño de volta.



                                                                      


No hay comentarios:

Publicar un comentario