viernes, 16 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras: 16 de novembro.

Hoxe tocou madrugón, ás 6:45 h., pero valeu a pena. Coma sempre, o mestre puntual no toque de diana. Logo coma sempre: cama, aseo e recollida do pic-nic. Subimos inmediatamente ao autobús e, sen almorzar, partimos cara Sevilla. Esperannos 3 horas de viaxe de ida e outras tantas de volta. Ás 8:45 h paramos a almorzar nunha área de servizo da Autovía do Sur. Facía frío, pero o día pintaba ben, sol espléndido. Despois das indicacións dos mestres e monitores referentes as normas a ter en conta nunha cidade tan grande e con algún que outro perigo, comezamos a visita aos Reales Alcázares. Obra maxestuosa cuns xardíns moi fermosos. Logo da merenda matinal, iniciamos a visita á Giralda; 35 plantas cara arriba con esforzo pero coa recompensa de disfrutar dunhas vistas espectaculares de toda a cidade de Sevilla. A continuación o máis fácil, o descenso e dirección á Catedral. Foi unha visita guidada. O xantar estaba previsto na Praza de España e para chegar ata alí tivemos que percorrer as rúas máis transitadas da cidade. Coas terrazas ateigadas de persoas tomando o seu aperitivo. Unha fermosa imaxe de cidade viva, dinámica… A arquitectura que nos atopamos na praza era fascinante, unha monstuosidade e nós preguntabamonos como se podería facer unha obra tan inmensa. Quedamos abraiado mentres dabamos conta do pic-nic. Ao rematar de xantar, fixemos un pequeno percorrido polos Xardíns de María Luisa e dirixímonos á ribeira do maxestuoso Gualdaquivir ata chegar á Torre del Oro. Para rematar a xornada en Sevilla, xogamos un anaco de tempo nun parque da cidade e logo, en autobús, para Córdoba donde nos esperaba a cea nun albergue da Junta de Andalucía. Xa na residencia, ducha, xogo ata as 11:30 h. e cama que mañá tamén nos espera un día moi apretado coa visita a Córdoba e, á noite, o día das comunidades no que cada centro ten que facer unha presentación da súa terra e do seu centro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario