jueves, 15 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras: 15 de novembro.

Como todos os días, ás 8:15 h. soaron as campás para levantarse. Despois de facer as camas, asearnos, almorzar, unha vez máis para a sala de video donde cada día se nos informa do programa a desenvolver na xornada. Hoxe toca visita á Cooperativa agrícola de COVAP, cooperativa que agrupa á maioría dos agricultores da comarca de Los Pedroches. É algo extraordinario pola modernización da produción; todo mecanizado. Foi un espectáculo ver todo o proceso industrial desta cooperativa, todo controlado por ordenador e con moi pouco persoal en planta. Foi inaugurada no 2002 polo Príncipe Felipe de Borbón. Nesta planta envásanse distintos tipos de leite (desnatada, enteira, semidesnatada, fibra, omega3, sin lactosa, cabra e derivados (batidos, queixo de vaca, de cabra, nata, manteiga…)). Todos estos produtos son comercializados pola Cooperativa (El Corte Inglés, Mercadona…). Ademais, esta cooperativa fabrica os piensos que os agricultores que pertencen á mesma lle suministran os animais. Outra planta sección importante é a dos Ibéricos (xamón, salchichón, chourizo…) e conta tamén con matadoiro propio. A cooperativa agasallounos a cada un de nós con produtos lácteos elaborados na planta. Despois dirixímonos ao Centro de Interpretación do Parque Natural de Cardeña e Montoro donde nos visionamos un video promocional do mesmo. Logo regresamos á residencia para xogar un anaco mentres esperabamos para xantar. Desde as 2:30 h. ata as 15:45 h. estivemos na sala de xogos e na sala de video para ocupar ese tempo libre que nos concederon e tamén para descansar de cara a xornada que nos esperaba pola tarde en Montoro. Nesta vila fixemos un percorrido polo seu fermoso casco histórico que destaca polas súas rúas estreitas e empinadas. Tamén, desde o mirador da cidade, contemplamos os meandros do Río Gualdalquivir ao seu paso pola Vila. Regreso a residencia, ducha, cea, xogo libre e para a cama. Son ás 10:30 h. pero mañá espéranos unha xornada durísima (toca diana ás 6:45 h.) pero estamos ansiosos por ver Sevilla que, como di a canción “ten un color especial”. Apagamos a luz. Chusssssssssssssssss!



No hay comentarios:

Publicar un comentario