jueves, 15 de noviembre de 2012

Escolas Viaxeiras. 14 de novembro.

Hoxe é xornda  de folga xeral  e para evitar incidentes, os monitores, Moisés e Nico, decidiron realizar todas as actividades do día na residencia ou arredores.
Tivemos sorte, ao profe non tocou a corneta ata 8:30 h; fixémolas camas, aseamosnos e ao comedor para almorzar. Logo reunión na sala para recibir información sobre as actividades a desenvolver na xornada.
Primeiramente, sesión de xogos cooperativos ata as 11:00 h. baixo a dirección dos monitores. Logo, recollida da bolsa co pic-nic, meranda e paseo ata unha dehesa donde visitamos un secadeiro de embutidos ibéricos. Ao rematar esta visita degustamos salchichón ibérico elaborado na cooperativa.
Xantamos e logo, na sala de tv, vimos a película “Entre Lobos” que foi rodada nesta vila de Cardeña. Ás 16:00 h. tivemos unha sesión de contacontos e para rematar a tarde, os monitores, organizaron un concurso “O momento do talento” no que cada quen participou voluntariamente.



No hay comentarios:

Publicar un comentario